top of page

PABLO SANMAMED
& BEN VENNAS MAIO


Pablo Pérez Sanmamed - contrabaixo e dirección musical

Elena Tarrats -
voz

Begoña Olavide - salterio e voz

Xurxo Varela - viola de gamba e voz

Iago Mourinho - piano

Chus Pazos - batería

discografía 
                         

BenVennasMaio_Capa.jpg
Folque-Strela-Mostrada-Pasta-Disco-v3-4-trz-768x768.jpg
Ben Vennas Maio- 2020 Acentral Folque​
 


Ben Vennas Maio e A Estrela Mostrado son  unha viaxe ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz. Editado por aCentral Folque en formato vinilo, neste traballo a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. Música, texto e fotografía mostran a súa entidade ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, o maio, a primavera, a muller.

A liberdade compositiva e de ornamentación son dúas máximas da proposta de Ben Vennas Maio. As mans e as voces destes músicos ofrécennos unha viaxe a través de cantigas da autoría de Afonso X, Beatriz de Día, Joam Airas, Jarchas arábigo-andalusís entre outras, reinterpretadas e nalgún caso musicadas para a ocasión. Estas cantigas ofrecen patróns rítmicos moi ricos que cobran outra dimensión ollados desde a cultura do jazz. No plano literario, os textos escollidos achegan puntos de vista que a miúdo sorprenden: é o caso de Non ven al maio, unha cantiga que ofrece unha aceda crítica aos excesos dos poderosos.

Gravados e publicados en  vinilo e  , mesturado por Ramón Campos e gravados nos estudio Disquesí  por Rubén Montes /estudio Cormorán e no Auditorio de Galicia o  segundo disco. Coa colaboración de Carlos Castro no bendir , derbuka e riq en Ben Vennas Maio

Ben Vennas Maio  e A Estrela Mostrada son dous vinilos de extraordinaria factura, tanto desde o punto de vista musical como da fotografía e os textos que o compoñen. Estas tres patas sobre as que se constrúe o traballo dialogan de maneira fluída arredor dos motivos centrais do proxecto.

A poeta Alba Cid escribe unas palabras introdutorias no disco físico . O seu texto, sutil e profundo, dá soporte e coherencia ao conxunto do traballo. Alba Cid conversa coas propias cantigas, que resoan nas súas liñas, e xoga coa etimoloxía e coa multiplicidade de sentidos que poden agochar ás palabras. Vai á esencia, ao que nos conecta: o tempo, a terra, os ciclos.

O apartado de fotografía e arte vai da man de Eutropio Rodríguez. A inspiración da súa proposta encóntrase nas Maias, figuras femininas caracterizadas con motivos florais para celebrar a chegada da primavera. Sobre esta tradición ancestral e arredor da música e dos textos de Ben Vennas Maio, a intuición de Eutropio Rodríguez ofrécenos como resultado estas hipnóticas fotografías.

A Estrela Mostrada- 2026 Acentral Folque​
 

B-rítmos - Cándido Querol

  "...ha conseguido fusionar perfectamente el folclore tradicional con unos músicos que conocen ambos lenguajes, nada de corta y pega, en cada tema iremos viendo cómo se maridan ambos con un gusto exquisito. 

La Nueva España- Eduardo Viñuela 

  "...el carácter modal de las melodías que avanzaba por tonalidades abiertas, la confluencia de patrones rítmicos superpuestos, las maneras del jazz haciendo evolucionar motivos breves y la rica colatura tímbrica del conjunto que conjugaba instrumentos antiguos como viola de gamba o salterio con modernos  . Fue aquí donde apreciamos mayor novedad , en la facilidad que todo el instrumental  mostró para aceptar y amoldarse al conjunto , consiguiendo un empaste natural "

RNE- La Hora Azul- Jon Bandrés
De Galicia Valencia: Pablo Sanmamed y Andrés Valero 

O Recanto de Corcovado-  Radio Lois Atanes
Premio Mellor disco 2021

RNE Clásica- La Riproposta-
Melodías folklóricas actualizadas

Más que jazz - A Estrela Mostrada
Sanmamed ya había mostrado ese camino en Ben vennas Maio. Si aquel trabajo sorprendía por la intuición y el hallazgo, A Estrela Mostrada busca estilizar, resolver y ser una bella muestra de sensibilidad y buen hacer. Se nota una arquitectura centrada en lo instrumental, en el uso del silencio, del lenguaje del jazz y la sonoridad de las composiciones originales, que se presentan claras, asumiendo que la música contemporánea puede verse implícita, sin necesidad de excentricidades o efectismos. Lo medieval aparece aquí como material flexible: modos antiguos, cadencias suspendidas, melodías de raíz trovadoresca y una relación íntima entre texto y música. El sexteto funciona con una naturalidad rara de encontrar en proyectos híbridos

CONTRATACIÓN
a Central Folque
mail info@folque.com
+34 651074897 /
bottom of page