PABLO SANMAMED

& BEN VENNAS MAIO

Pablo Pérez Sanmamed - contrabaixo e dirección musical 
Begoña Olavide - salterio e voz 
Elena Tarrats  -voz 
 Xurxo Varela - viola de gamba  e voz 
 Iago Mourinho - piano 
Chus Pazos - batería 

Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é unha viaxe ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz. Editado por aCentral Folque en formato vinilo, neste traballo a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. Música, texto e fotografía mostran a súa entidade ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, o maio, a primavera, a muller.

A liberdade compositiva e de ornamentación son dúas máximas da proposta de Ben Vennas Maio. As mans e as voces destes músicos ofrécennos unha viaxe a través de nove cantigas da autoría de Afonso X, reinterpretadas e nalgún caso musicadas para a ocasión. Estas cantigas ofrecen patróns rítmicos moi ricos que cobran outra dimensión ollados desde a cultura do jazz. No plano literario, os textos escollidos achegan puntos de vista que a miúdo sorprenden: é o caso de Non ven al maio, unha cantiga que ofrece unha aceda crítica aos excesos dos poderosos.

Gravado en  xullo  do 2020 e publicado en  vinilo e publicado en  decembro do mesmo ano , mesturado por Ramón Campos e gravado nos estudio Disquesí  por Rubén Montes e estudio Cormorán. Coa colaboración de Carlos Castro no bendir , derbuka e riq.

Ben Vennas Maio é un vinilo de extraordinaria factura, tanto desde o punto de vista musical como da fotografía e os textos que o compoñen. Estas tres patas sobre as que se constrúe o traballo dialogan de maneira fluída arredor dos motivos centrais do proxecto.

A poeta Alba Cid escribe unas palabras introdutorias no disco físico . O seu texto, sutil e profundo, dá soporte e coherencia ao conxunto do traballo. Alba Cid conversa coas propias cantigas, que resoan nas súas liñas, e xoga coa etimoloxía e coa multiplicidade de sentidos que poden agochar ás palabras. Vai á esencia, ao que nos conecta: o tempo, a terra, os ciclos.

O apartado de fotografía e arte vai da man de Eutropio Rodríguez. A inspiración da súa proposta encóntrase nas Maias, figuras femininas caracterizadas con motivos florais para celebrar a chegada da primavera. Sobre esta tradición ancestral e arredor da música e dos textos de Ben Vennas Maio, a intuición de Eutropio Rodríguez ofrécenos como resultado estas hipnóticas fotografías.

En breve publicaranse nas plataformas de escoita dixital as músicas deste vinilo. Podes mercar e escoitar un adianto do single Strela do dia  nas diferentes webs premendo aquí.

Todas as fotos son © de Eutropio Rodríguez.

 EPÍGRAFE Afonso X /Elena Tarrats/Pablo Sanmamed

 O FONDO DO MAR Afonso X /Iago Mourinho

 BEN VENNAS MAIO Afonso X /Pablo Sanmamed

ROSA DAS ROSAS Afonso X /Begoña Olavide/Pablo Sanmamed

 O GENETE Afonso X /Iago Mourinho

STRELA DO DÍA Afonso X /Pablo Sanmamed

 LA ROSA ENFLORECE  Tradicional /Begoña Olavide/Pablo Sanmamed

 SOLA FUSTI, SENLLEIRA Afonso X /Pablo Sanmamed

 NON VEN AL MAIO Afonso X /Iago Mourinho

na versión en plataformas dixitales inclúe :

78 - Afonso X /Pablo Sanmamed

B ! Ritmos- Cándido Querol

  "...ha conseguido fusionar perfectamente el folclore tradicional con unos músicos que conocen ambos lenguajes, nada de corta y pega, en cada tema iremos viendo cómo se maridan ambos con un gusto exquisito. 

CONTRATACIÓN
a Central Folque
mail info@folque.com
+34 651074897 /

© 2019 by @_elefarte_

BEN VENNAS MAIO foto Eutropio Rodriguez